26/02/2021 - 13:32

Nova: A Gabeta do Mupega do mes de marzo.

  • Continuamos a nosa viaxe polos centros galego coa Gabeta do Mupega, para o vindeiro mes demarzo incluímos material para traballar na aula o Día da Muller Traballadora.

Estamos a piques de rematar febreiro polo que a nosa Gabeta do Mupega do mes de marzo xa está preparada para ser empregada nas aulas.
Cos recursos da Gabeta do Mupega poderás coñecer o noso museo sen desprazarte da túa aula ou centro. Ademais, a gabeta inclúe novo material cada mes. Este mes de marzo a Gabeta contén na súa sección especial unha presentación genially sobre o papel da muller no ensino e un caderniño de traballo con fichas para traballar sobre esta data sinalada.
Para solicitala só tes que enviar un correo electrónico a: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando o interese en recibir a gabeta, nome e apelidos do solicitante e centro de destino.
A todos/as aqueles/as que xa solicitastes a Gabeta do Mupega con anterioridade , lembrarvos que non é necesario solicitala cada mes , sempre que cubrades a folla de valoración final e indiquedes o voso interese por recibir as actualizacións da Gabeta do Mupega.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros