25/10/2019 - 14:55

Nova: Alumnado do CPI Curros Enríquez visita o Museo Pedagóxico de Galiza.

  • Os alumnos/as de 3º E 4º da ESO do CPI Curros Enríquez realiza unha visita guiada no MUPEGA.

Dende Pazos de Borbén viñeron hoxe a visitarnos os alumnos/as do CPI Curros Enríquez. Na súa visita  á exposición temporal descubriron aspectos descoñecidos para eles sobre a educación dos seus avós, fixeron un percorrido polas nosas aulas históricas e sorprendéronse cos xogos e xoguetes populares. A única mágoa foi o pouco tempo do que dispoñían na visita. Esperamos vervos novamente rapaces!

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros