16/10/2019 - 17:50

Nova: Alumnos/as do CPR Nuestra Señora del Rosario (Arzúa) visitan o Mupega.

  • Un grupo de alumnos de 5º e 6º do CPR Nuestra Señora del Rosario (Arzúa) visitaron a exposición permanente do Mupega.

Onte o Mupega acolleu  a súa primeira visita escolar deste curso. Alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria do CPR Nuestra Señora del Rosario de Arzúa, viñeron a coñecer o Mupega a través da visita guiada para escolares. Durante todo o tempo que estiveron no museo, permaneceron moi atentos e non pararon de interesarse por diversas pezas , mesmo se atreveron a representar unha antiga clase na nosa aula obraoidoro. Agardamos vervos novamente rapaces.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros