O 5 de outubro conmemórase, como cada ano, o Día do Docente. Por este motivo, a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, celebrou un acto de homenaxe á labor docente do profesorado en xeral, e, en particular aos 40 docentes xubilados neste 2019, con máis anos de servizos prestados.
Durante o acto a conselleira de Educación, Carmen Pomar, agradeu, en nome da sociedade galega, o labor realizada polos docentes xa xubilados e por todos os que realizan o seu traballo diario e superan as dificultades no camiño de ser mellores na súa profesión.