29/11/2019 - 18:25

Nova: Concurso de postais de Nadal no Mupega.

  • O Mupega convoca o seu I Concurso de postais de Nadal.

O Nadal está chegando e este ano, no Mupega, precisamos das ideas dos máis pequenos/as para facer a nosa felicitación de Nadal. Posto que, o noso museo representa a escola e con ela aos nenos, gustaríanos que foran estes os encargados de elaborar a nosa felicitación de Nadal participando nun concurso.

Como se pode participar? Pois, moi doado...

Teredes que vir ao Mupega, na Ludoteca atoparedes o material necesario para facer a vosa postal; só tedes que tratar de unir nela mediante un debuxo o Nadal co Mupega, é dicir, facer unha postal de Nadal que garde relación co museo. Para atopar a inspiración, que mellor forma de facelo que visitando as nosas salas.

Deixaredes a vosa postal no Mupega co debuxo correspondente por un lado da folla e, polo outro, o voso nome e apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Poderán participar todos os nenos que visiten o museo ata os 12 anos de idade.

A data límite para participar será o mércores, 18 de decembro de 2019.

A postal gañadora será a que empregaremos no museo para felicitar as Festas.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros