05/10/2020 - 21:46

Nova: Día do docente

  • Co motivo da celebración do Día Mundial do Docente, o Mupega quere lembrar a Antía Cal, unha muller e mestra adiantada ao seu tempo que deixou unha forte pegada na educación da nosa comunidade.

Hoxe, 5 de Outubro, é a data establecida pola Unesco para a conmemoración do Día Mundial do Docente. Por este motivo, queremos recuperar a entrevista realizada a Antía Cal polo Museo Pedagóxico de Galicia. Antía Cal é, sen dúbida, todo un referente na educación galega. Esperamos que atopedes interesantes as súas reflexións ao longo desta reportaxe e aproveitamos para facer extensible esta homenaxe a todos/as os docentes galegos que realizan a súa labor cotiá coas duras condicións actuais. 

Parabéns compañeiros/as!!!

Entrevista Antía Cal

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros