O Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades en torno a esta data.
O día previo, venres 22 de abril, terá lugar o obradoiro infantil "Lecturas no tempo", no que se achegará aos máis pequenos á historia e funcionamento da imprenta, un invento sen dúbida revolucionario para a historia do libro.
Durante a xornada do 23 de abril o museo agasallará aos seus visitantes cun libro, como xeito de festexar este día e de animar á lectura.