22/04/2023 - 11:36

Nova: Día do Libro no Museo Pedagóxico de Galicia

  • O Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades coas que promover a lectura entre os seus visitantes.

O Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades en torno a esta data.

 

O venres 21 de abril, terá lugar o obradoiro infantil "Escola de escribas", actividade na que a rapazada terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información.

 

Durante a xornada do 22 de abril o museo agasallará aos seus visitantes cun libro, como xeito de festexar este día e de animar á lectura.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros