Fai trinta anos, o 20 de novembro de 1989, na Organización das Nacións Unidas, firmouse a Convención sobre Dereitos do Neno/a. Nesta convención, establecéronse 54 artigos co fin de protexer aos nenos/as de situacións que puidesen afectar ao seu desenvolvemento físico, psicolóxico e persoal.
No Museo Pedagóxico de Galicia non queríamos deixar de lembrar unha data tan sinalada e, que mellor forma de facelo, que amosándovos algunhas das fotos do obradoiro de creación libre de xoguete que realizamos o pasado venres no museo.
Non debemos esquecer que, tanto a educación coma o xogo, son dereitos fundamentais do neno/a para o seu axeitado desenvolvemento.