06/05/2025 - 11:17

Nova: Día Internacional dos Museos

  • O Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día Internacional dos Museos cunha programación especial de actividades.

Este 18 de maio institucións culturais de todo o mundo únense á celebración do Día Internacional dos Museos que como cada ano promove o ICOM (Consello Internacional de Museos). Unha conmemoración que ten como obxectivo por de relevo o papel dos museos no intercambio e enriquecemento cultural.
Vinculado a esta data, o Museo Pedagóxico de Galicia programa ao longo desa semana unha serie de actividades gratuítas para tódolos públicos:

Espazo expositivo “Castelao ensina”
A partir do 13 de maio
Acceso libre en horario de apertura do museo

Espectáculo “A maleta da mestra” (Raquel Queizás)
Venres 16 de maio ás 17:30
Público familiar (a partir de 3 anos)
Actividade de balde. Reserva previa

+ Información e reservas: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros