O CEIP Daría González García (Pontevedra) acolle dende estes días a recreación dunha aula histórica levada a cabo con material dos fondos do MUPEGA. Con esta pequena exposición itinerante preténdese contextualizar o proxecto que o centro está realizando sobre a mestra Daría González.