Este venres 17 de maio inaugurouse no CEIP de Seixo (Marín) a recreación dunha aula histórica realizada con material dos fondos do Museo Pedagóxico de Galicia.
A exposición itinerante, que se poderá visitar durante os próximos días, forma parte neste caso das actividades realizadas no centro educativo para conmemorar o seu 50 aniversario.