O CEIP do Camiño Inglés (Sigüeiro - A Coruña) inaugurou nestes días unha exposición etnográfica sobre a vida en Galicia no século XX. O Mupega participa nesta exposición coa recreación dunha aula antiga pertencente aos anos 50-60 que comprende material dos propios fondos do museo e fotografías relativas a escolarización dese período de tempo.