31/07/2020 - 11:54

Nova: Mapa escolar das principais riquezas agrícolas e pecuarias da Península Ibérica.

  • Esta peza que, formou parte da exposición temporal do Mupega<em> "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"</em>, está actualmente incluída na nosa exposición permanente situándose na primeira planta do museo.

Dende hai uns meses, non cesamos de escoitar que este verán é o apropiado para "redescubrir" as riquezas do noso país.

No Mupega queremos contribuír neste proceso amosándovos unha peza que adoita chamar a atención dos nosos visitantes pola súa orixinalidade e calidade na súa realización. O mapa escolar das principais riquezas agrícolas e pecuarias da Península Ibérica proporciona dun xeito visual e directo a información principal relativa aos principais recursos agrícolas e gandeiros de cada zona.

O mapa do ano 1940 realizado por Alberto Blanco Roldán, profesor da Escola Normal de mestres de Guadalaxara,  achega a información dun xeito moi atractivo para o alumnado da época partindo do" feito", o que contribuía a servir como un método de gran utilidade para a formación do espírito reflexivo en materia xeográfica.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros