25/11/2021 - 16:36

Nova: O Museo Pedagóxico acolle a entrega de premios á creación gráfica e audiovisual en torno ao 25N

  • O 24 de novembro o Museo Pedagóxico de Galicia acolleu a gala dos premios convocados pola Xunta de Galicia co gallo do 25 N: Día internacional para a eliminación da violencia de xénero.

O Museo Pedagóxico de Galicia convertiuse no escenario da celebración da gala de entrega de premios convocada pola Xunta de Galicia con motivo do 25 N.

No acto, presidido polo presidente da Xunta, a conselleira de Emprego e Igualdade e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, foron premiados escolares de Lugo, Navia de Suarna, Ferrol, Lalín, Sanxenxo e Santiago de Compostela polas súas creacións gráficas e audiovisuais, que compartían unha mesma temática: unha ollada crítica á violencia de xénero.  

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros