O estudo da anatomía foi dende sempre un piar fundamental na formación do alumnado.
A ausencia de recursos tecnolóxicos e audiovisuais facían que tanto as láminas educativas coma as pezas de anatomía contribuísen de xeito significativo ao coñecemento e comprensión do funcionamento de certos órganos e sistemas por parte do alumnado.
As pezas expostas na nosa planta baixa son tres pezas clásticas do corazón, cerebro e ril.
Ademais os visitantes ao museo poderán visualizar diversos tipos de pezas e láminas adicadas a ensinanza da anatomía humana en diferentes lozalizacións do museo.