28/01/2020 - 14:11

Nova: O alumnado do CPR San Xosé de Cluny visita o museo.

  • Os alumnos e alumnas de 1º de EP do CPR San Xosé de Cluny realizaron esta mañá unha visita guiada polo museo na compaña dalgúns dos seus avós e avoas.

Hoxe no museo tivemos unha agradable sorpresa xa que, co grupo de alumnos de 1º, viñeron algúns dos seus avós e avoas. Deste xeito as nenos/as puideron confirmar algunhas das cousas que lle contamos con protagonistas da época. Aínda que, pensamos que a visita en xeral foi do seu agrado, a "curva dos xoguetes" sempre está entre as partes preferidas dos máis cativos. Esperamos que voltedes pronto polo museo.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros