A instalación dunha pequena recreación dunha aula histórica, realizada con materiais do Museo Pedagóxico de Galicia, súmase á exposición final coa que o CEIP Novo Mesoiro (A Coruña) pecha o seu Proxecto de Investigación "Mesoiriño viaxa pola historia".
Xunto cunha exposición de obxectos de época e a instalación dunha liña do tempo coas actividades do alumnado, a aula histórica forma parte desta actividade coa que o centro expón os resultados do proxecto de investigación histórica realizado polo alumnado durante este curso escolar e que estará aberta tanto ao alumnado como ás familias.