A asociación de veciños O Vencello impulsa distintas actividades con motivo do 100 aniversario da inauguración en Burela das Escolas Vellas, fundadas dende a capital arxentina polo Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires.
A programación, que rende homenaxe a aqueles emigrantes galegos que promoveron a fundación de escolas, integra unha exposición conmemorativa na que se pode visitar unha mostra itinerante do Museo Pedagóxico de Galicia: o microespazo Mupega, a recreación dunha aula do pasado.
A exposición pode visitarse na Casa da Cultura de Burela dende o 18 de setembro ata o 18 de outubro.