O Museo Pedagóxico de Galicia convertiuse no escenario da celebración da gala de entrega de premios convocada pola Xunta de Galicia con motivo do 25 N.
No acto, presidido polo presidente da Xunta, a conselleira de Emprego e Igualdade e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, foron premiados escolares de Lugo, Navia de Suarna, Ferrol, Lalín, Sanxenxo e Santiago de Compostela polas súas creacións gráficas e audiovisuais, que compartían unha mesma temática: unha ollada crítica á violencia de xénero.