27/05/2022 - 13:39

Nova: O Museo Pedagóxico de Galicia acolle a entrega de premios do concurso Pilabot

  • Este mércores 25 de maio a Xunta fixo entrega dos premios aos centros educativos gañadores do concurso de recollida de pilas, baterías usadas e acumuladores. 

     

O pasado mércores 25 de maio, a Xunta fixo entrega dos premios do concurso escolar de recollida de pilas, baterías usadas e acumuladores que por terceira vez foi convocado este curso en Galicia no marco da campaña Pilabot.

O acto oficial congregou no Museo Pedagóxico de Galicia a profesores, alumnos e familiares dos catro centros que lograron as mellores cifras de recollida destes residuos durante as seis semanas de concurso: CPR Santiago Apóstol (Narón),  CEIP As Solanas (A Guarda), CRA Amencer (Ribadavia) e CEIP Caión (Laracha).

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros