Pupitres, mesas, cadeiras, mapas, láminas, tinteiros, cadernos... Ata un total de 40 pezas dos fondos do Museo Pedagóxico de Galicia estarán expostas proximamente no imponente edificio da antiga Azucareira de Portas para recrear unha aula histórica. Trátase dunha iniciativa coa que achegar e divulgar parte dos fondos do museo ao público dándolles visibilidade máis aló da propia sede museística.
A colaboración formalizouse o pasado 24 de xuño coa visita do conselleiro de cultura, Román Rodríguez, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, á sede do Museo Pedagóxico de Galicia.