O Museo Pedagóxico da Universidade de Sevilla, en colaboración co Museo Pedagóxico da Universidade de Huelva e co Museo Andaluz da Educación, organiza a exposición "Mujeres y educación: artefactos y sensibilidades", un proxecto que analiza a educación das mulleres mediante unha visión histórica e patrimonial ao tempo que pretende integrar unha mirada crítica e emocional.
A mostra está integrada por 100 pezas, pertencentes ao patrimonio educativo andaluz, relacionadas coa educación feminina e a cotidianeidade de nenas e mulleres. Cada unha delas vai acompañada dun texto interpretativo, producidos por distintas persoas e institucións vinculadas ao ámbito docente e museístico, entre os que se atopa o Museo Pedagóxico de Galicia.
Acceso á exposición virtual: https://grupo.us.es/mujeryeducacion/