15/07/2020 - 13:10

Nova: O xogo da corda.

  • Co bo tempo apetece xogar ao ar libre e saltar á corda é unha boa opción, pois ten moitas variantes, é un xogo ben divertido e gusta a todos.

Na planta baixa do museo está exposta esta fotografía antiga na que se pode ver a un grupo de nenas xogando á corda mentres os nenos observan.

Os saltos acompáñanse de cancións, moitas veces de matiz estraño ou de lóxica disparatada. Unha desas cancións é a seguinte:

Unha, dole,

tele, catole,

quile, quilete,

estaba a raíña

no seu gabinete.

Díxolle o rei:

Vamos pra misa.

Dixo a raíña:

Non teño camisa.

Díxolle o rei:

Eu teño tres.

Dixo a raíña:

Empréstame unha.

Díxolle o rei:

Non teño ningunha.

Seguro que gardades na memoria algunha outra canción ou mesmo sabedes algunha que canten actualmente os nenos e nenas.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros