21/02/2020 - 09:25

Nova: Obradoiro 6 do marzo no Mupega

  • O vindeiro venres 6 de marzo de 2020 realizaremos un obradoiro no Mupega denominado "Contos para a igualdade".

Neste mes de marzo con motivo da celebración do día da muller propoñemos a realización dun obradoiro de ilustración denominado "Contos clásicos para a igualdade". O obradoiro correrá a cargo do recoñecido ilustrador Yago García quen analizará cos asistentes diversos contos clásicos para logo redeseñar aos personaxes evitando estereotipos de xénero.

O obradoiro realizarase o 6 de marzo de 2020 de 17:00 a 18:30 e contamos con 25 prazas para nenos/as de 7 a 12 anos de idade.

Para inscribirse cómpre encher o seguinte  formulario  ou enviar un correo electrónico a: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando o nome do neno/a, idade e teléfono de contacto. A inscrición debe ser realiza polo pai/nai ou titor legal.

Agardámosvos.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros