30/10/2019 - 13:20

Nova: Obradoiro de creación libre de xoguete no Mupega

  • O venres 15 de novembro de 2019 de 17:00 a 18:45 celebraremos un obradoiro de creación libre de xoguete no Mupega.

O obradoiro será realizado pola Sociedade  Cooperativa Galega Miudiño. Poderán participar nenos/as a partir dos 4 anos de idade. Todos aqueles nenos/as  de idades comprendidas entre 4 e 9 anos anos deberán estar obrigatoriamente acompañados dun adulto durante a realización do obradoiro. No caso nenos/as a partir dos 10 anos o acompañamento na actividade será opcional.

Para inscribirse será necesario enviar un correo electrónico á dirección: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal, co nome do neno/a e a súa data de nacemento, teléfono de contacto e  nome do adulto acompañente (de ser o caso).

Non perdades a ocasión de pasar un bo intre connosco!

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros