19/02/2020 - 14:03

Nova: Obradoiro de Entroido no Mupega

  • O pasado venres 14 de febreiro celebramos un obradoiro de Entroido no Mupega para nenos/as de 6 a 9 anos de idade.

No Mupega xa comezamos a festexar o Entroido e que mellor forma de facelo que achegando ao noso museo unha tradición típica do Entroido galego, o día e comadres e compadres. Comezamos explicandolle aos pequenos/as algunhas características do Entroido tradicional en Galicia para logo afondar na celebración desta tradición tan nosa. Non podíamos rematar sen poñer en práctica todo o aprendido polo que cada neno/a elaborou o seu compadre ou a súa comadre empregando diversos materiais.

Foi unha tarde do máis entretida.

Obradoiro de Entroido no Mupega.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros