28/02/2025 - 08:59

Nova: Presentación do libro “A investigación educativa en Galicia, 2015-2024”

  • O Museo Pedagóxico de Galicia acolle a presentación deste traballo que compila dez anos de traballo científico e académico no eido educativo.

 

Este 27 de febreiro o museo acolleu a presentación do libro “A investigación educativa en Galicia. 2015-2024”, no que participan diferentes investigadoras/es das tres universidades públicas de Galicia baixo a coordinación de Miguel A. Santos Rego.

Xunto co coordinador da obra, o acto contou coa participación do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz; e o director da Editorial Galaxia, Xosé M. Soutullo.

Peza destacada

Novas adquisicións

Actividades e obradoiros