O 18 de maio museos de todo o mundo celebramos o Día Internacional dos Museos. Este ano a conmemoración virará en torno ao lema “Museos, sostibilidade e benestar”, proposto polo ICOM, co que se quere pór de relevo o papel que os museos deben desempeñar na configuración e creación de futuros sostibles a través da súa actividade educativa, exposicións e investigacións.
Para festexar esta data, dende o Museo Pedagóxico de Galicia programamos durante toda a semana actividades para tódolos públicos:
Espectáculo “Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro)
Sábado 20 de maio ás 17:30
Público familiar (recomendado a partir de 4 anos)
Actividade de balde. Reserva previa
Espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques...
Reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…
Ruta “Educar para o equilibrio”
Do martes 16 ao sábado 20 de maio en horario de apertura do museo
Entrada libre e de balde
Percorrido autónomo á colección do museo baixo a mirada da sostibilidade. A través de diferentes pezas poderán coñecerse as orixes da educación ambiental no noso país así como redescubrir parte dos fondos do museo baixo a actual perspectiva de crise ambiental na que nos atopamos.
Exposición temporal: “Don Paco: o neno de Lourenzá”
Do martes 16 ao mércores 31 de maio en horario de apertura do museo
Entrada libre e de balde
Exposición sobre a infancia e mocidade de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, baseada nas súas propias palabras recollidas nas obras “O río do tempo” (1991), “Camiño andado” (2003) e “Lourenzá” (2004).