Cada ano o 18 de maio museos de todo o mundo festexan o Día Internacional dos Museos, unha celebración promovida polo ICOM
coa que destacar o papel dos museos para o intercambio cultural e que en cada edición pon de relevo un tema diferente. Nesta ocasión o lema escollido é “Museos para a educación e a investigación”, convidando con en el a estas institucións a reflexionar sobre dous dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: “Educación de calidade” e “Industria, innovación e infraestruturas”.
Con motivo desta celebración, o Museo Pedagóxico de Galicia programa ao longo desa semana unha serie de actividades para tódolos públicos articuladas arredor do lema deste ano.
Programación:
Ruta autónoma “Educación sen límites”
Do martes 14 ao sábado 25 de maio en horario de apertura do museo
Entrada libre e de balde
Visita guiada “Educación sen límites”
Mércores 15 de maio ás 17:30
Público adulto
Actividade de balde previa inscrición
Espectáculo “O eco das pedras” (Raquel Queizás)
Sábado 18 de maio ás 17:30
Público familiar (a partir de 5 anos)
Actividade de balde. Reserva previa
+ Información e reservas: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obrado…