Novas
Aínda que este ano o entroido tarda un pouco en chegar, xa falta menos. No Museo Pedagóxico de Galicia estámonos a preparar para facer un obradoiro cos nenos/as que se animen a participar e, ao tempo, coñecer un pouco máis do entroido en Galicia.
Mañá venres 18 de xaneiro de 2019 inaugúrase no Museo Pedagóxico de Galicia a exposición temporal: Homo Sapiens, transmisor de coñecemento
Unha das maiores xoias que garda o noso museo é a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán de 1845, o primeiro mapa da nosa comunidade elaborado con criterios científicos e un dos mellores de Europa.
O pasado venres tivemos no museo o último obradoiro do ano.
Este venres, 14 de decembro, realizarase no Museo Pedagóxico de Galicia unha actividade coa temática do Nadal.
O venres 23 de novembro organizamos unha actividade de papiroflexia para nenos e nenas un pouco máis maiores do habitual.
Coincidindo co aniversario da actual Constitución, na planta baixa do museo móstranse algúns obxectos vencellados á educación da época dos anos 70 e principios dos 80, xunto cun exemplar da Constitución do 78.
O próximo venres 23 de novembro organizamos no Mupega un obradoiro de papiroflexia. Con vistas ao ano entrante, construiremos un calendario con forma de poliedro.
O venres pasado celebramos o primeiro obradoiro do curso escolar.
Hoxe celébrase o día da Ciencia en Galicia, adicándose este ano ao matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán Rodríguez.  
Hoxe inaugúrase na Cidade da Cultura: "Castelao Maxistral. A boa obra ao mestre honra". O Museo Pedagóxico de Galicia colabora cedendo unha aula completa e varias pezas de temática educativa das primeiras décadas do século XX.
Este ano 2018 estase a celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Este mes de outubro adícase ao Património Dixitalizado.