Visita do alumnado do C.E.I.P. A Maía
Hoxe no MUPEGA recibimos un grupo moi numeroso do CEIP A Maía. O alumnado coñeceu o museo a través da nosa visita guiada pola exposición permanente. Estiveron moi atentos e amosaron moita curiosidade. Pasamos un intre tan bo, que se nos pasou o tempo voando. Agardamos vervos novamente rapaces!