Coñece o Mupega

Pensando en que os contidos poidan estar relacionados coas programacións do curso escolar, os docentes teñen á súa disposición unha serie de actividades para traballar na aula antes e despois da visita. Este material pódese consultar e descargar nos seguintes enlaces:

Información das visitas de escolares

Guía para docentes de Educación Infantil

Guía para docentes de 1º e 2º de Educación Primaria

Guía para docentes de 3º e 4º de Educación Primaria

Guía para docentes de 5º e 6º de Educación Primaria

Guía para docentes de Educación Secundaria

Concurso de postais de Nadal no Mupega.

O Nadal está chegando e este ano, no Mupega, precisamos das ideas dos máis pequenos/as para facer a nosa felicitación de Nadal. Posto que, o noso museo representa a escola e con ela aos nenos, gustaríanos que foran estes os encargados de elaborar a nosa felicitación de Nadal participando nun concurso.

Como se pode participar? Pois, moi doado...

Teredes que vir ao Mupega, na Ludoteca atoparedes o material necesario para facer a vosa postal; só tedes que tratar de unir nela mediante un debuxo o Nadal co Mupega, é dicir, facer unha postal de Nadal que garde relación co museo. Para atopar a inspiración, que mellor forma de facelo que visitando as nosas salas.

Deixaredes a vosa postal no Mupega co debuxo correspondente por un lado da folla e, polo outro, o voso nome e apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Poderán participar todos os nenos que visiten o museo ata os 12 anos de idade.

A data límite para participar será o mércores, 18 de decembro de 2019.

A postal gañadora será a que empregaremos no museo para felicitar as Festas.

Visita do centro de maiores de Cerceda.

Esta mañá recibimos no Mupega  unha desas visitas que tanto nos gusta polo moito que aprendemos nelas. Un grupo do centro de maiores de Cerceda veu coñecer a exposición permanente e, ao mesmo tempo, a compartir connosco as súas experiencias relacionadas co ensino. Foi unha visita do máis agradable, chea de nostalxia e de pequenas historias escolares contadas de primeira man. Agardamos que desfrutaran da súa visita tanto coma nós con eles e por suposto convidámolos a volver novamente. 

Visita do C.E.I.P. Rebordáns

Dende Tui chegou hoxe un grupo de nenos/as para aprender sobre a historia da nosa educación. Foi un grupo do máis participativo que non cesou de facer preguntas e de interesarse por moitas das pezas do museo. Non querían marchar sen velo todiño! Esperamos que cando volvan por Santiago nos fagan outra visita.

Dia dos Dereitos do Neno/a

Fai trinta anos, o 20 de novembro de 1989, na Organización das Nacións Unidas, firmouse a Convención sobre Dereitos do Neno/a. Nesta convención, establecéronse 54 artigos co fin de protexer aos nenos/as de situacións que puidesen afectar ao seu desenvolvemento físico, psicolóxico e persoal.

No Museo Pedagóxico de Galicia non queríamos deixar de lembrar unha data tan sinalada e, que mellor forma de facelo, que amosándovos algunhas das fotos do obradoiro de creación libre de xoguete que realizamos o pasado venres no museo.

Non debemos esquecer que, tanto a educación coma o xogo, son dereitos fundamentais do neno/a para o seu axeitado desenvolvemento.

Obradoiro creación libre de xoguete

Semana Internacional da Ciencia

Na Semana Internacional da Ciencia, animámosvos a visitar a exposición temporal "Homo sapiens, transmisor de coñecemento". Nela poderedes ver, entre outros, obxectos procedentes dos gabinetes de Historia Natural ou dos laboratorios de Física e Química dos Institutos Históricos de Galicia. Estas pezas tiñan unha función didáctica, sendo empregadas nas aulas para a realización de experimentos ou como apoio ás explicacións do profesorado.