Visitas de grupos escolares de Educación Primaria no Mupega.

Alumnos/as de 6º do CEIP López Ferreiro e de dous grupos de 3º a 6º de Educación Primaria do CPR Artai visitaron o noso museo para poder coñecer un chisco da historia da nosa educación. Todos eles amosaron interese en coñecer os antigos materiais empregados na ensinanza, os xoguetes e os segredos que gardan as escolas chegadas alén mar. Foi un pracer telos connosco e agardamos que volvan cando o desexen.

Visita do IES As Insuas

Onte tivemos a oportunidade de recibir a visita dun grupo de alumnos de 1º da ESO procedente do  IES As Insuas da localidade de Muros. Durante o percorrido pola exposición permanente coñeceron en profundidade algúns aspectos dos cambios que experimentou a educación durante os séculos XIX e XX e descubriron segredos agochadados nalgunhas das nosas pezas.  Esperamos que a visita fora do seu agrado e agardamos velos novamente.

11 de febreiro: Día da muller e da nena da ciencia.

A Asamblea Xeral de Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro coma unha data sinalada para loitar pola igualdade de oprtunidades, visibilade e participación das mulleres na ciencia. A pesar de que nos ámbitos de enxeñería, ciencia e matemáticas a representación das mulleres é cada vez maior aínda segue a ser minoritaria en comparación a dos homes. O Mupega quere unirse na loita de reivindicación dun papel máis activo das mulleres e na trasmisión destes valores as nenas dende a escola.

No seguinte enlace  podedes ler un manifesto da ONU en relación a conmemoración do día de hoxe.

Visitas de estudantes de ensino secundario

Estudantes do IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, do CPR La Inmaculada, de Marín, e estudantes navarros e franceses que participan nun proxecto Erasmus co IES Arcebispo Xelmírez I, sobre o Camiño de Santiago.

Todos visitaron a exposición permanente, o que lles permitiu aprender, entre outras cousas, sobre as escolas de indianos e americanos, ou sobre como era o primeiro e segundo ensino en Galicia nos séculos XIX e XX.

Esperamos que a visita fora do seu agrado.

Obradoiro de Entroido no Mupega

No Mupega xa temos ganas de Entroido, unha das celebracións do ano que máis nos gustan. Por iso queremos celebrar un obradoiro o vindeiro venres 14 de febreiro de 2020 no que queremos achegarlle aos nenos un chisco do noso Entroido galego realizando un obradoiro didáctico sobre a tradición das comadres e compadres. Para rematar realizaremos unha pequena tarefa plástica.

Podedes inscrivirvos cubrindo o seguinte formulario ou enviando un correo electrónico a: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal, incluíndo nome e apelidos do neno/a, data de nacemento e teléfono de contacto.

Agardámosvos!

Visita do CPR Belén

Como o alumnado de 4º de Primaria xa visitara a exposición permanente no curso pasado, nesta ocasión decidiron coñecer a exposición temporal "Homo sapiens, transmisor de coñecemento". Nela puideron ver material didáctico relacionado coas ciencias naturais e con outras materias, que se empregaba nos institutos nos séculos XIX e XX como apoio ás explicacións do profesor.

Os compañeiros de 3º de Primaria, en cambio, era a primeira vez que viñan ao museo, así que fixeron un percorrido pola exposición permanente.

Esperamos que ámbolos dous grupos gozaran da visita e que se animen a voltar o ano próximo.

O alumnado do CPR San Xosé de Cluny visita o museo.

Hoxe no museo tivemos unha agradable sorpresa xa que, co grupo de alumnos de 1º, viñeron algúns dos seus avós e avoas. Deste xeito as nenos/as puideron confirmar algunhas das cousas que lle contamos con protagonistas da época. Aínda que, pensamos que a visita en xeral foi do seu agrado, a "curva dos xoguetes" sempre está entre as partes preferidas dos máis cativos. Esperamos que voltedes pronto polo museo.

Visita do IES Antón Losada

Os alumnos de 1º e 2º da ESO e de FPB coñeceron a evolución da educación  realizando unha  visita guiada polo museo. Visitaron as tres plantas do museo para aprender a historia da nosa educación a través das aulas históricas, a aula de ferrado e a aula de indianos. Lembramos o mundo infantil observando diversos xogos e xoguetes e, como non, practicaron a escritura con pizarra e pizarrín na aula obradoiro. Todo un pracer rapaces/as! Agardamos que volvades axiña!