SEMANA DOS MUSEOS

O 18 de maio museos de todo o mundo celebramos o Día Internacional dos Museos. Este ano a conmemoración virará en torno ao lema “Museos, sostibilidade e benestar”, proposto polo ICOM, co que se quere pór de relevo o papel que os museos deben desempeñar na configuración e creación de futuros sostibles a través da súa actividade educativa, exposicións e investigacións.
Para festexar esta data, dende o Museo Pedagóxico de Galicia programamos durante toda a semana actividades para tódolos públicos:

 

Día do Libro no Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades en torno a esta data.

 

O venres 21 de abril, terá lugar o obradoiro infantil "Escola de escribas", actividade na que a rapazada terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información.

 

Durante a xornada do 22 de abril o museo agasallará aos seus visitantes cun libro, como xeito de festexar este día e de animar á lectura.

Subscríbete

Boletín de actividades

Se queres recibir información sobre as actividades realizadas no Museo Pedagóxico de Galicia, subscríbete ao boletín introducindo o teu enderezo electrónico no seguinte formulario.
background

Actividades e obradoiros

No Museo Pedagóxico de Galicia organízanse periodicamente actividades dirixidas a distintos tipos de público. O obxectivo das mesmas é aproximar o museo á cidadanía e, en particular, ao público máis novo.

 

Para aquelas actividades que requiren reserva previa, esta deberá realizarse mediante a solicitude online que se atopa ao final desta páxina. A reserva quedará formalizada no momento no que se reciba como resposta un email confirmando a dispoñibilidade da actividade solicitada e a confirmación da praza.

 

Actualmente atópase aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: