Programación de Nadal

Coa chegada do Nadal, dende o Museo Pedagóxico de Galicia queremos convidarvos a compartir con nós este período de festas e ocio visitando o museo e participando das actividades programadas para estas semanas:

 

Obradoiros “Factoría de xoguetes” 


Como eran os xoguetes cos que xogaban os nosos avós e bisavós? Neste obradoiro coñeceremos varios deses enredos tradicionais. Centrarémonos especialmente nos que construía a propia rapazada e remataremos tentando fabricar algún coas nosas propias mans.

Oferta educativa para centros escolares 2023/24

O Museo Pedagóxico de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ofrece para este curso escolar 2023/2024 un programa de actividades dirixido especificamente a centros escolares.

A oferta educativa contempla distintas modalidades de visita deseñadas para achegar ao alumnado a colección do museo e, con ela, os cambios experimentados polas escolas e a educación de nenos e nenas nos dous últimos séculos da nosa historia.

Inauguración da exposición "Educación, Xénero e Lectura"

A exposición temporal "Educación, Xénero e Lectura" foi inaugurada o pasado 26 de maio no Museo Pedagóxico de Galicia. A mostra fai un repaso á cuestión da discriminación de xénero dende mediados do século XIX, amosando como os manuais escolares e outros textos de ensino-aprendizaxe foron utilizados como recursos orientados a moldear a infancia con discriminación de xénero. Ao mesmo tempo aparecen recollidos os distintos procesos e iniciativas culturais, sociais e pedagóxicas referentes a dinámicas alternativas e decisivas na superación dos estereotipos e discriminacións.

Semana dos museos no Museo Pedagóxico de Galicia

O 18 de maio museos de todo o mundo celebramos o Día Internacional dos Museos. Este ano a conmemoración virará en torno ao lema “Museos, sostibilidade e benestar”, proposto polo ICOM, co que se quere pór de relevo o papel que os museos deben desempeñar na configuración e creación de futuros sostibles a través da súa actividade educativa, exposicións e investigacións.
Para festexar esta data, dende o Museo Pedagóxico de Galicia programamos durante toda a semana actividades para tódolos públicos: