O Día Internacional dos Museos reúne a varios centros museísticos de Santiago baixo o lema "O poder dos museos"
O pasado 18 de maio conmemorouse o Día Internacional dos Museos. Como ven acontecendo dende hai xa once anos, en Santiago de Compostela foron varias as institucións museísticas que se uniron para celebrar esta data: Museo do Pobo Galego, CGAC, Museo de Historia Natural, Museo Casa de la Troya, Fundación Eugenio Granell, Museo das Peregrinacións e de Santiago e Museo Pedagóxico de Galicia.