Semana dos Museos no Museo Pedagóxico de Galicia
Cada ano o 18 de maio museos de todo o mundo festexan o Día Internacional dos Museos, unha celebración promovida polo ICOM
coa que destacar o papel dos museos para o intercambio cultural e que en cada edición pon de relevo un tema diferente. Nesta ocasión o lema escollido é “Museos para a educación e a investigación”, convidando con en el a estas institucións a reflexionar sobre dous dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: “Educación de calidade” e “Industria, innovación e infraestruturas”.