Programa para centros educativos 2021/2022

O Mupega inicia o curso cunha oferta de actividades coa que achegar a colección do museo ao alumnado dos centros educativos. Este ano o programa recolle tanto opcións presenciais no museo coma outras virtuais para realizar na propia aula, adaptando así as posibilidades a realidade actual.

A información ao detalle sobre as diferentes actividades pode consultarse no folleto adxunto ou na propia páxina web.

Solicitude de recursos dixitais para a aula

4 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Recursos dixitais para a aula

A Gabeta do Mupega

Que é?
Nacida como un xeito de achegar o Museo Pedagóxico aos centros escolares durante a pandemia, a Gabeta do Mupega pasa agora a ser o lugar no que se recollen os diferentes recursos para escolares elaborados pola Área de Didáctica do museo. 
Trátase dun compendio de materiais didácticos en distintos formatos (interactivos, vídeos, presentacións...) cos que traballar na aula contidos relacionados coa historia da educación e do mundo da infancia en Galicia.

Celebración da entrega dos premios escolares da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

Ao acto acudiron diferentes representantes das consellerías de Educación e Sanidade xunto coa directora de ADOS e o responsable de RRPP de Gadisa, ademais dos alumnos premiados cos seus respectivos mestres ou profesores representando ao centro.

Parabéns a todos/as eles/as polo traballo realizado e tan merecido galardón!

Día das Letras Galegas 2021

Xela Arias, muller polifacética da nosa lingua, escritora, poetisa, tradutora e ante todo muller galega orgullosa do galego e da súa terra.

No Museo Pedagóxico de Galicia contamos cunha pequena mostra para profundizar na súa vida e obra ás portas da celebración do Día das Letras Galegas 2021.

Xunto coa mostra monográfica, os nosos visitantes poderán ver unha escolma de cadernos de memorias agropecuarias realizados polo alumnado no colexio Fingoi, no que Xela comezou a súa escolarización no ano 1968; xunto cun diploma e herbario do mestre Avelino Pousa Antelo quen fora compañeiro na escola de Barreiros de Valentín Arias (pai de Xela).

Día Internacional dos Museos 2021

Programa de actividades DIM 2021

Como cada ano, o 18 de maio de 2021 celebrarase o Día Internacional dos Museos. O 2020 foi un ano que supuxo un gran reto para todos os museos que, adoitados a atender ao público de xeito presencial, tiveron que buscar e definir estratexias para continuar difundindo o seu patrimonio empregando recursos e medios dixitais.

Sen embargo é de supoñer que o 2021 será un ano de transición no que se recuperarán progresivamente as actividades de carácter presencial pero tamén no que nos serviremos de todas as vantaxes que nos ofreceu a tecnoloxía para continuar difundindo o patrimonio museístico.

Polo tanto, a proposta do Museo Pedagóxico de Galicia para a celebración do Día Internacional dos Museos seguindo o lema do ICOM: “O futuro dos museos: Recuperar e Reimaxinar”é a seguinte:

- Visita \tInteractiva: Dende o 18 de Maio poderase realizar unhaa visita no \tMuseo Pedagóxico de Galicia e desfrutar de todo o contido adicional \tque poderes visualizar nos vosos dispositivos co emprego de códigos \tQR. Con eles pódese acceder dun xeito seguro e sen contacto a: \taudioguías, información adicional, vídeos e presentacións sobre \tpezas, pezas en funcionamento... Deste xeito ampliaredes os \tcoñecementos da vosa visita facéndoa máis interactiva, completa e \tamena. Asemade os nosos visitantes recibirán unha tarxeta na que \tpoderán descargar a súa guía para visitar o museo e un catálogo \tda nosa exposición temporal “Homo Sapiens, transmisor de \tcoñecemento”.

- Xogo de \tescapismo: “Salva o Mupega”Do 18 ao 30 de maio de 2021. Para \to noso público máis tecnolóxico contaremos na nosa web e redes \tsociais coun xogo de escapismo online para que os nosos usuarios nos \taxuden a salvar ao Mupega, se queres pasar un bo intre non dubides \trealizar este divertido xogo escape que mestura a tecnoloxía e as \tnosa historia educativa.

- O Mupega na \tcasa: Gustaríache coñecer o noso museo pero non tes a \toportunidade de achegarte a Compostela? “O Mupega na casa” ofrece \ta posibilidade de coñecer a historia do patrimonio educativo do \tmuseo sen necesidade de desprazarte. Dende o 18 a o 23 de maio \tpoderás solicitar unha visita dende a casa a o noso correo \telectrónico: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es e enviaremos un enlace para poder coñecer o Mupega en familia.

A Gabeta do Mupega do mes de maio.

Neste mes de maio A Gabeta do Mupega conta con material adicional para continuar achegando aos centros unha parte da nosa historia educativa: unha selección de fotos escolares antigas ,un vídeo sobre unha nova peza destacada (o parchís inclusivo) e ,na sección especial do mes de maio, contamos cun xogo de escapismo chamado "Salva ao Mupega" co que seguro pasaredes un bo intre na aula.

Para solicitar a Gabeta do Mupega cómpre enviar un correo electrónico a:museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando o interese en recibir a gabeta, nome e apelidos, centro de destino e cargo que ostenta.

 

Un saúdo.