Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon a disposición dos usuarios de internet.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Gabeta do Mupega do mes de abril.

A Gabeta do Mupega segue o seu percorrido polos centros galegos ensinando aos máis pequenos/as o museo dende a distancia. Este mes de abril a gabeta inclúe, na súa sección especial, material para traballar o Día do Libro. Con el poderedes aprender diversas curiosidades sobre os libros e veredes algúns dos máis especiais que gardamos no Mupega.  Tamén contamos cun caderno con fichas e actividades para realizar nesta data especial que ben seguro que ides celebrar dunha forma ou outra.

Lembrade que para solicitar a Gabeta do Mupega só tendes que enviar un correo electrónico a: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando o voso nome e apelidos, centro de destino e interese en recibir a gabeta.

Agardamos que sexa de utilidade!

Conxunto de pezas de anatomía

Este conxunto de pezas da segunda metade do s.XX proceden do IES Virxe do Mar (Noia - A Coruña). Adoitaban realizarse en madeira, cartón ou escaiola. Estes modelos denominados "clásticos" con pezas desmontables e articuladas facilitaban o estudo dos sistemas e órganos internos nos antigos Gabinetes de Historia Natural e nos centros educativos.

Nova peza destacada no Museo Pedagóxico de Galicia

O estudo da anatomía foi dende sempre un piar fundamental na formación do alumnado.

A ausencia de recursos tecnolóxicos e audiovisuais facían que tanto as láminas educativas coma as pezas de anatomía contribuísen de xeito significativo ao coñecemento e comprensión do funcionamento de certos órganos e sistemas por parte do alumnado.

As pezas expostas na nosa planta baixa son tres pezas clásticas do corazón, cerebro e ril.

Ademais os visitantes ao museo poderán visualizar diversos tipos de pezas e láminas adicadas a ensinanza da anatomía humana en diferentes lozalizacións do museo.

Visitas para grupos

Condicións para as visitas de grupos

· Grupos de máis de 10 persoas
· Imprescindible reserva previa mediante o formulario online desta páxina
· O envío do formulario de solicitude de visita non garante a súa realización. O solicitante deberá recibir resposta coa confirmación por correo electrónico.
· Tódolos tipos de visita son gratuítos.

 

Exposición permanente

A exposición permanente do Mupega distribúese ao longo das tres plantas do edificio ocupando arredor  duns 1200 metros cadrados, dos 3500 de superficie útil que presenta o edificio.

 
Na planta baixa atópasen os seguintes servizos do museo:

  • Biblioteca auxiliar con servizos de consulta bibliográfica, hemerógrafica e de publicacións periódicas, fototeca, fonoteca e videoteca.

  • Sala de investigadores

  • Salón de Actos con capacidade para 112 persoas

 

Exposición itinerante

O Museo Pedagóxico de Galicia, no seu labor de difusión e divulgación do patrimonio educativo galego ven dende a súa xénese, organizando diversas exposicións itinerantes: O MICROESPAZO MUPEGA que algúns centros educativos demandan con motivo da conmemoración dalgunha efeméride.