Felices festas
Nestas datas tan sinaladas queremos aproveitar para darvos as grazas por ternos acompañado durante este ano.
Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o vindeiro ano, agardamos seguir compartindo con vós novas actividades e proxectos no 2025.
O Microespazo Mupega súmase á exposición polo 100 aniversario das Escolas Vellas de Burela
A asociación de veciños O Vencello impulsa distintas actividades con motivo do 100 aniversario da inauguración en Burela das Escolas Vellas, fundadas dende a capital arxentina polo Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires.
A programación, que rende homenaxe a aqueles emigrantes galegos que promoveron a fundación de escolas, integra unha exposición conmemorativa na que se pode visitar unha mostra itinerante do Museo Pedagóxico de Galicia: o microespazo Mupega, a recreación dunha aula do pasado.
Aberta a inscrición para as visitas escolares (curso 2024-2025)
Co inicio do curso escolar 2024-2025, abrimos de novo o prazo de inscrición para as visitas dirixidas aos centros educativos.
A oferta contempla varias modalidades de visita, gratuítas e adaptadas a distintos niveis educativos, coas que achegar ao alumnado os cambios experimentados pola nosa sociedade nos últimos séculos a través do seu reflexo no mundo da escola e da educación.
A información ao completo sobre os tipos de visita así como o procedemento para realizar a reserva están dispoñibles na páxina web:
Microscopio binocular
O Microespazo Mupega chega ao CEIP Novo Mesoiro (A Coruña)
A instalación dunha pequena recreación dunha aula histórica, realizada con materiais do Museo Pedagóxico de Galicia, súmase á exposición final coa que o CEIP Novo Mesoiro (A Coruña) pecha o seu Proxecto de Investigación "Mesoiriño viaxa pola historia".