Celebremos o Día das Letras Galegas

 

Para estar un pouco máis cerca, sen tocarnos, por suposto! ocurríusenos que a celebración das Letras Galegas é unha boa excusa para deixar voar a creatividade. Podedes facer un retrato de Ricardo Carballo Calero, un cartel sobre o Día das Letras... o que vos apeteza.. Collede as vosas ceras, roturladores, témperas, papeis de cores... e poñédevos mans á obra! Quizais xa teñades algo feito.

Como nas nosas casas tamén hai pequenos aos que lles gusta debuxar, deixámosvos un debuxo feito por unha nena a modo de exemplo.

Enviade os debuxos a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal e non esquezades poñer o voso nome. Con todos os debuxos (ou con algúns deles, se temos moitos) faremos unha montaxe e publicarémola na web e nas nosas redes para que poidades velos.

Día do libro 2020

Dende o  Museo Pedagóxico de Galicia queremos deixar a nosa particular aportación neste Dia do Libro 2020 destacando unha peza significativa en relación con esta data: “O galego na escola".

Trala chegada da Lei Xeral de Educación do ano 1970 comeza a introducirse progresivamente a ensinanza da Lingua Galega xurdindo así os primeiros libros de aprendizaxe da mesma. “O galego na escola” é unha obra realizada por Xesús Alonso Montero (catedrático de Literatura Galega e antigo presidente da Real Academia Galega) e Jose María de Marcos Abajo (Inspector Educativo de Ensinanza Primaria).

Este libro, un dos primeiros adicados ao aprendrizaxe da Lingua Galega, pretendía ser un manual de ensinanza do galego para o alumnado de Educación Primaria. Nel, recollénse diferentes ámbitos de aprendizaxe dunha lingua: vocabulario, gramática, pronuciación e mesmo un breve percorrido pola historia da Literatura Galega.

Como curiosidade, cómpre engadir que a pesar de ser un libro adicado á ensinza-aprendizaxe da lingua galega está, na súa meirande parte, escrito en castelán. 

 

Modelo clástico de caracol

Bo día a todos/as! Nestas especiais circunstancias que estamos a vivir e vendo que é posible que se  alonguen,  no Mupega queremos continuar a nosa labor de dar a coñecer o noso patrimonio educativo. Por iso, realizaremos publicacións periódicas  na nosa web e nas nosas redes sociais ( Facebook e Twitter) para que poidades coñecer máis o noso museo e  así  pasar mellor estas xornadas de aillamento.

Para comezar queremos amosarvos un dos tesouros do Mupega :" O caracol". Esta peza de gran tamaño é un modelo clástico desmontable do ano 1907. Con ela os alumnos podían profundizar no estudo da anatomía do caracol.  No seguinte enlace podedes ver un vídeo no que se pode visualizar o  seu interior. Agardamos que vos guste.

Interior do caracol

A máquina Perkins de escritura en Braille.

Esta peza, que habitualmente está exposta no corredor adicado á Educación Especial, é unha doazón do CRE Santiago Apóstol de Pontevedra. É da segunda metade do século XX e está feita en ferro cromado.

A máquina costa dos seguintes elementos: seis teclas (unha para cada punto Braille), conectadas a seis punzóns que poden ser pulsadas á vez, unha tecla para separar as palabras, tecla de cambio de liña e outra de retroceso. Consta á súa vez dun timbre que se acciona cando quedan sete caracteres para chegar ao marze dereito.

Obras completas Concepción Arenal (tomos II e XIV)

Nestes dous tomos da publicación da Obra Completa de Concepción Arenal da segunda metade do S.XIX  a autora realiza un estudo minucioso da situación dos presos nos centros penitenciarios realizando unha denuncia sobre as precarias condicións nas que vivían os presos.

Asemade, ao longo destas dúas obras literarias, Concepción Arenal establece unha serie de reformas necesarias para favorecer a situación dos reclusos e o tratamento que estes recibían.

Nova "peza destacada" no Museo Pedagóxico de Galicia

Ás portas da celebración do Día Internacional da Muller, o Mupega adica a súa nova peza destacada a Concepción Arenal, todo un referente en feminismo, progresismo e educación.

Nestes dous tomos da súa obra completa, Concepción Arenal realiza un amplo estudo sobre a situación dos centros penitenciarios da época e reflexiona sobre as modificacións necesarias para os mesmos e para a sociedade.

Unha das súas citas máis célebres foi "Abride escolas e pecharanse cárceres" poñendo de manifesto o valor da educación para o desenvolvemento persoal e social das persoas.

A súa loita pola igualdade de dereitos para as mulleres, as súas obras literarias e as súas aportacións a nivel educativo convirten a Concepción Arenal en todo un referente que non podíamos esquecer nestas datas sinaladas, máis aínda cando neste 2020 se cumpre o bicentenario do seu nacemento.

Visitas no Museo Pedagóxico de Galicia

Onte tivemos un día do máis completo no Museo Pedagóxico de Galicia. Primeiramente recibimos ao alumnado de infantil do CEIP O Coto (Negreira) que veu a coñecer a nosa exposición temporal. Posteriormente alumnos de 1º e 2º do CEIP Alexadre Díaz Cardaso (Noia) viñeron visitar a exposición permanente e rematamos cos nenos/as do CEIP Escarabote (Boiro) que tamén se decataron pola mesma exposición.

Foi un inmenso pracer recibilos a todos/as e desexamos telos aquí novamente!