Antón Costa recibe o III Premio Luis Porteiro Garea

Antón Costa Rico desempeñou a súa vida profesional vencellada a docencia e a defensa da nosa lingua. Pola suá participación activa como investigador e divulgador da historia da nosa educación é  toda unha figura de referencia para o Museo Pedagóxico de Galicia. Antón Costa ademais colabora activamente connosco con doazóns para a o noso fondo patrimonial e exercendo unha labor de difusión do museo dentro e fóra da nosa comunidade.

Polo tanto, o Mupega quere unirse  as congratulacións por este ben merecido recoñecemento.

Mapa escolar das principais riquezas agrícolas e pecuarias da Península Ibérica.

Dende hai uns meses, non cesamos de escoitar que este verán é o apropiado para "redescubrir" as riquezas do noso país.

No Mupega queremos contribuír neste proceso amosándovos unha peza que adoita chamar a atención dos nosos visitantes pola súa orixinalidade e calidade na súa realización. O mapa escolar das principais riquezas agrícolas e pecuarias da Península Ibérica proporciona dun xeito visual e directo a información principal relativa aos principais recursos agrícolas e gandeiros de cada zona.

O mapa do ano 1940 realizado por Alberto Blanco Roldán, profesor da Escola Normal de mestres de Guadalaxara,  achega a información dun xeito moi atractivo para o alumnado da época partindo do" feito", o que contribuía a servir como un método de gran utilidade para a formación do espírito reflexivo en materia xeográfica.

O xogo da corda.

Na planta baixa do museo está exposta esta fotografía antiga na que se pode ver a un grupo de nenas xogando á corda mentres os nenos observan.

Os saltos acompáñanse de cancións, moitas veces de matiz estraño ou de lóxica disparatada. Unha desas cancións é a seguinte:

Unha, dole,

tele, catole,

quile, quilete,

estaba a raíña

no seu gabinete.

Díxolle o rei:

Vamos pra misa.

Dixo a raíña:

Non teño camisa.

Díxolle o rei:

Eu teño tres.

Dixo a raíña:

Empréstame unha.

Díxolle o rei:

Non teño ningunha.

Seguro que gardades na memoria algunha outra canción ou mesmo sabedes algunha que canten actualmente os nenos e nenas.