Novas Adquisicións
O Museo Pedagóxico de Galicia colabora cos centros educativos galegos para adquirir, estudar e salvagardar pezas do patrimonio histórico -educativo da nosa comunidade. Asemade, a adquisición de novas pezas permite enriquecer o fondo museístico e contribúe á mellora das exposicións
Diana o la educación de una niña. Libro de lectura escolar dividido en tres grados
Leonor Serrano
Imprenta Elzeviriana i Llibreria Camí
Barcelona, 1935
Leonor Serrano, introdutora da pedagoxía Montessori, preparou este libro de lectura, que se editou en castelán e en catalán, como parte dunha serie de tres (I,II,III). Libros emblemáticos e mostra de pedagoxía feminista, que incorporaba os cambios políticos e sociais que se producían dende o inicio da II República.
O Museo Pedagóxico de Galicia celebra o Día Internacional dos Museos cunha programación especial de actividades.
O Museo Pedagóxico de Galicia acolle a presentación deste traballo que compila dez anos de traballo científico e académico no eido educativo.
A mostra estará dispoñible dende o 18 de setembro ata o 18 de outubro.
A mostra itinerante consiste na recreación dunha aula histórica realizada con materiais do Museo Pedagóxico de Galicia.
O Museo Pedagóxico de Galicia programa unha serie de actividades especiais con motivo do Día Internacional dos Museos
O Entroido xa está aquí
Xa está chegando o Entroido!!!! Por iso neste mes de febreiro a Gabeta do Mupega ten material adicional que nos axudará a traballar o Entroido Galego na nosa aula ou centro. Non debemos perder as nosas tradicións entroideiras, das máis fermosas e orixinais do mundo enteiro! Para solicitar a Gabeta do Mupega só tedes que enviar un correo electrónico a : museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando: o voso nome e apelidos, nome do centro de destino e cargo que ocupa o/a solicitante. Lembrade que coa Gabeta do Mupega podedes coñecer o noso museo dende o voso centro e desfrutar dos materiais adicionais que creamos mensualmente. Un saúdo compañeir@s!
Peza destacada
Lecciones de cosas
Ezequiel Solana
El Magisterio Español, 1931
A aparición dos manuais escolares coñecidos como "Lecciones de cosas" coincidiu co desenvolvemento do movemento de renovación pedagóxica Escola Nova. Froito dos principios innovadores do momento, destacaron polo uso dunha metodoloxía na que o punto de partida da aprendizaxe sería a observación e a experimentación, en contraposición á práctica docente tradicional baseada na memorización e na palabra escrita.
Exposición itinerante
O Museo Pedagóxico de Galicia, no seu labor de difusión e divulgación do patrimonio educativo galego vén dende a súa xénese, organizando diversas exposicións itinerantes: O MICROESPAZO MUPEGA que algúns centros educativos demandan con motivo da conmemoración dalgunha efeméride.
Pódese recrear unha aula do pasado, con todos os seus elementos: pupitres, mapas e láminas,pizarras, pizarrines, plumillas e tinteiros, libros (silabario, enciclopedías)...
Do transporte, seguro e conservación se responsabilizarán os centros ou colectivos demandantes que poderán solicitala a través dos formularios que figuran nesta páxina.
COMPROMISOS
- A solicitude debe facerse cunha antelación mínima de 15 días.
- Achegar no momento da entrega das pezas unha copia do seguro integral das mesmas desde a recollida até a devolución no MUPEGA.
- Indicación de procedencia das pezas que pertencen ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), tanto na exposición como nos medios de divulgación que se empreguen por parte dos seus organizadores.
- Devolver o material nas mesmas condicións que foi retirado no lugar e prazo establecido.
Teléfono de contacto: 981 540150
Solicitude de exposicións itinerantes
Exposición temporal
Dende o 26 de maio o Museo Pedagóxico de Galicia acolle a exposición temporal "Educación, Xénero e Lectura".
A mostra pretende mostrar realidades, imaxes e representacións dun pasado-presente da educación que nos damos desde mediados do século XIX ata a actualidade, particularmente, das nenas e mulleres: entre os estereotipos e as discriminacións que trazaron modos de ensinar e aprender -nas escolas, nas familias e nas comunidades- sustentados en valores, comportamentos, etc. e as oportunidades que teñen permitido superalos pola consciente procura da coeducación, a equidade, a inclusión e o mais pleno respecto as diversidades que nos caracterizan.
Comisariada pola Prof. Dra. Rita Gradaílle Pernas e o Prof. Dr. Antón Costa Rico, a exposición articúlase a través dun itinerario visual que recorre un conxunto de 16 mesas expositoras con libros e recursos escolares, obxectos significativos, fotografías históricas, cartelística e imaxes, información escrita e… unha invitación á esperanza construtiva.
Exposición permanente
A exposición permanente do Mupega distribúese ao longo das tres plantas do edificio ocupando arredor duns 1200 metros cadrados, dos 3500 de superficie útil que presenta o edificio.
Na planta baixa atópasen os seguintes servizos do museo:
-
Biblioteca auxiliar con servizos de consulta bibliográfica, hemerógrafica e de publicacións periódicas, fototeca, fonoteca e videoteca.
-
Sala de investigadores
- Salón de Actos con capacidade para 112 persoas
Ademais nesta planta de entrada ofrécenselle ao visitante os referentes básicos para situalo no tempo, no espazo e na temática específica do museo, para o que se presentan os seguintes módulos museográficos:
-
Solaina de educadores galegos
-
Os materiais didácticos
-
Os xogos e xoguetes
-
Peza do mes
Na planta primeira ubícanse cinco seccións expositivas que responden a esta nomenclatura :
-
O mundo infantil: ciclo da infancia e xogos e xoguetes
-
A administración educativa
-
As escolas chegadas de alén mar
-
O sistema educativo
-
Zona de exposicións temporais
O segundo andar presenta unha disposición análoga á primeira, agás unha pequena zona que se destina ás labores administrativas. Así, podemos observar os diferentes espazos museísticos:
-
As aulas no tempo: escolas de ferrado, restauración borbónica, da segunda república e franquista.
-
Educación Especial
-
A Rede Mupega. Bases e mostra dos fondos dos antigos institutos provinciais fundadores da devandita Rede.
-
O ensino secundario e profesional. Orixes
proba
proba