Día Internacional dos Museos
Este 18 de maio institucións culturais de todo o mundo únense á celebración do Día Internacional dos Museos que como cada ano promove o ICOM (Consello Internacional de Museos). Unha conmemoración que ten como obxectivo por de relevo o papel dos museos no intercambio e enriquecemento cultural.
Vinculado a esta data, o Museo Pedagóxico de Galicia programa ao longo desa semana unha serie de actividades gratuítas para tódolos públicos:
Espazo expositivo “Castelao ensina”
A partir do 13 de maio
Acceso libre en horario de apertura do museo